O TEMPO EN LOURO

13/05/20

A BANDA DAS PITAS

As pitas baixo a choiva ten a súa banda sonora, catro cancións coas pitas coma protagonistas. Quérela escoitar?


12/05/20

UN FERMOSO LIBRO DE AVES

A nosa compañeira Paula quixo compartir connosco este precioso libro que recibiu como agasallo o Día do Libro. Fai clic na imaxe e verás algunha das súas páxinas .


E se queres comezar a identificar cantos de paxaros, fai clic no seguinte enlace:

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

O Día das Letras Galegas deste ano adícase a RICARDO CARVALHO CALERO

Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva.
Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas

que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a súa familia. 

06/05/20

ARTE : CREAMOS UN ARCIMBOLDO

De paso que imos recoller mostras para o noso herbario, podemos inspirarnos nas plantas que vexamos para a nosa próxima recreación artística. 
Nesta ocasión convertémonos en ARCIMBOLDO, grazas a unha estupenda web : RZ100Arte.




Podes descargar e imprimir este material. 

FACEMOS UN HERBARIO DE FOLLAS. 1º PARTE

Elaborar un herbario é unha actividade divertida para realizar en familia, disfrutando á vez das saídas á natureza nestes días de primavera. 
Pero á vez, resulta unha actividade educativa, xa que sen darnos conta estamos realizando todo un traballo de investigación sobre as plantas que temos ao noso arredor. Ademáis podemos darlle o noso toque artístico ao resultado final. Xenial!
O proceso é os seguinte: 

RECOLECCIÓN DE MOSTRAS
O primeiro que faremos será recolectar plantas, e identificalas. Podemos levar: 
  • unhas tesoiras 
  • unha carpeta con papeis de xornal dentro para gardar as mostras  
  • unha guía de plantas ou usar unha app para identificalas. 
PRENSAR AS MOSTRAS
Elaboraremos a nosa "prensa caseira". Necesitamos: 
  • Xornais ou papel de cociña
  • Trozos de cartón do mesmo tamaño que o papel que usemos.
  • Libros pesados
Logo montámola coma un "sandwich" : 
  • Colocamos un dos trozos de cartón
  • O papel de cociña ou de xornal
  • As mostras das plantas (con coidado de que non se arruguen, e de que non se toquen unhas con outras)
  • De novo outro papel e outro trozo de cartón
  • Por último, a pila de libros encima.

É importante ir cambiando os papeis que rodean as mostras, para poñer outros secos.




Ao cabo dunhas semanas, as mostras das plantas estarán secas. E podemos comezar a elaborar o noso herbario. Esa será a segunda parte ...
Para velo máis claro:

DÍA DA NAI

No blogue da biblioteca do noso colexio temos esta marabillosa suxerencia de lectura e debuxo. Disfrutade coas dúas!


05/05/20

¡A CANTAR!

¿Apetécevos cantar con contos de aves?
Aquí tedes as cancións dos contos "O polo Pepe" e "Cocorico"
A cantar e a disfrutar!